sábado, 29 de octubre de 2011

A cidade romana

Na civilización romana a cidade tiña unha gran importancia, porque a súa era unha civilización urbana. Os romanos empregaron o deseño das cidades gregas, baseado na planta hipodámica, pero moi influenciado polos campamentos militares, de orixe etrusca.
As dúas vías principais eran o cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe L-O), a partir delas organizábanse as demais formando un plano case en cuadrícula. A ínsula, vivenda colectiva de varios andares, organizada arredor dun patio central, servía par estruturar as rúas.
No punto de intercesión do cardo e do decumano situábanse o foro e os edificios públicos. O foro, inspirado na ágora grega, era o punto neurálxico da cidade.
Nas cidades había unha gran variedade de edificios:
  • Relixiosos: templos.
  • Edificios para espectáculos: teatros, anfiteatros, circos...
  • Edificios para o cultivo da saúde, da beleza corporal e do espírito: termas, ximnasios, bibliotecas...
  • Edificios para a vida pública, o goberno e a administración: a basílica, o foro, a curia...
  • Edificios conmemorativos: arcos de triunfo, columnas conmemorativos...
  • Obras públicas: acueductos, cloacas, calzadas...

miércoles, 26 de octubre de 2011

O meu primeiro paso nos blogs

Ola a todos!. Son Mª Dolores González. Non estou segura do que estou facendo porque esta é a primeira vez que fago un blog e que escribo nel. Non sei moi ben o que podo aportar eu, nin como podo utilizalo cos meus alumnos e alumnas.
Coñezo algúns blogs que me gustan moitísimo, pero non creo que eu consiga facer algo parecido.
Un saúdo a todos.